Thursday 09 de May de 2024

Audasa colabora co Concello de Padrón na desinfección das súas rúas


 

Os equipos de Audasa preparando a disolución de hipoclorito sódico coa que desinfectan as rúas.
Autopistas del Atlántico SA (Audasa), en colaboración co Concello
de Padrón, levará a cabo no serán de hoxe labores de desinfección nas rúas
deste municipio coruñés, ademáis das de Rois e Dobro, integrados na comarca
das Terras de Iría. A concesionaria galega da AP-9 desprazará á zona unha
brigada de dúas unidades móbiles da compañía, formada por un camión
cisterna e un vehículo de apoio, para esparexer 12.000 litros de hipoclorito
sódico.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, destacou que continuará
“solicitando a axuda de Audasa, que dispón deste tipo de maquinaria, mentres
sexa necesaria para combater esta pandemia. As administración debemos
aproveitar todos os recursos dispoñíbeis, xa sexan públicos ou de empresas privadas como Audasa, en prol da sociedade e superar canto antes esta crise
provocada polo coronavirus” , destacou o rexidor.

O percorrido, que foi fixado por Protección Civil, comezará en Padrón e
transcurrirá seguindo o que habitualmente fan os camións do lixo, incluíndo a
rúas Rosalía de Castro, Castelao, Real e tamén na zona do Souto e na praza
de abastos. Posteriormente desenvolverase nos municipios de Rois e Dobro.

Os equipos de Audasa (9 camións cunha capacidade de 10.000 litros cada un),
que tamén traballan na desinfección da totalidade da AP-9, proseguirán con
esta colaboración nas vindeiras semanas en distintos municipios de Galicia.
Esta semana fixerono xa en Cambre e Culleredo.

Estas labores de desinfección xorden do ofrecemento da concesionaria galega
ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e á Delegación do
Goberno en Galicia para axudar na loita contra a propagación do coronavirus.
Audasa continuará con estes traballos en diferentes localidades galegas de
xeito periódico e sempre baixo a coordinación das autoridades.

A concesionaria reafirma o seu compromiso coa máxima seguridade da
Autoestrada do Atlántico e dos seus traballadores, conservando nos postos
físicos o seu persoal de mantemento adicado preferentemente a labores de
atención á vialidade invernal, centro de control e seguridade de túneis, ademais
dos equipos de obras para reparacións e emerxencias esenciais e os servizos
de atención aos clientes e de asistencia ao pago nas peaxes nos casos
necesarios. A tarxeta bancaria e contactless e o sistema de telepeaxe
continúan a ser os sistemas preferentes de pago nas peaxes.